mércores, 24 de febreiro de 2021

LER POESÍA

 Ola nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Neste mes de marzo queríamos compartir con vós de novo as nosas "LECTURAS EN VOZ ALTA", nesta ocasión centradas na POESÍA.

Estos son os exemplares que o alumnado leu:


Aproveitamos, nesta selección, para escoller uns poemas de Rosalía de Castro, xa que hoxe, 24 de febreiro conmemorase o aniversario do seu nacemento. Sabías isto? 

Deixámosvos aquí este enlace con información e xogo sobre a autora para que pasedes un anaquiño agradable.

ROSALÍA DE CASTRO en Genially

Tamén vos deixamos o enlace ó blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole (EDLG) que nos propón tamén outras actividades. Clicade na imaxe:

Con este motivo, o alumnado de 6ºB:  recitounos estes poemas do exemplar "Escolma poética", publicado por Kalandraka:


Para os máis peques, podedes ver estes poemas de Gloria Fuertes, recopilados en "Gloria Fuertes para niños", da editorial Susaeta, que le o alumnado de 2ºA: Daniela, Adriana, David, Marcela, Emma e Isaac. 


Para o alumnado a partir de 8 anos... 

"Bechopoemas e outras bestas" (Leire Bilbao, Kalandraka), interpretado polas nenas e nenos de 4ºD: Inés, Julia, Mateo e Aldara.


E, por último, Thiago, Aroa, Martina, Iker e Alba, alumnado de 3ºA tráennos "Nube con forma de Nube", de Cecilia Pisos, editorial Kalandraka. 


Ata a próxima!

mércores, 10 de febreiro de 2021

Día da Nena e a Muller na Ciencia

 Por aquí estamos de novo!

Como vos comentábamos na publicación anterior, deixamos aquí tamén enlaces e recursos con motivo do Día da nena e da muller na Ciencia, que se conmemora a súa importancia mañá 11 de febreiro.

Sabíades que só un 28% das persoas investigadoras científicas no mundo son mulleres (UNESCO, 2019)?

Está claro que as estadísticas e a historia non dan a imaxe que se merece ao papel da muller na Ciencia. Dádelle ó play e descubride cousas moi curiosas:

Non vos da que pensar?

Para os máis peques... podedes ver este programa dos Lunnis sobre Marie Curie:


Aquí tedes algunha recomendación máis:

- Mujeres en la ciencia (El País): https://elpais.com/especiales/2018/mujeres-de-la-ciencia/ (

- Mi científica favorita (ICM): https://www.icmat.es/divulgacion/mi-cientifica-favorita/Mi_Cientifica_Favorita.pdf

- Mini programas de Radio sobre mulleres científicas: https://www.ciber-bbn.es/programas-transversales/programa-de-difusion-e-internacionalizacion/biomedicina-con-y-para-la-sociedad/miniserie-de-radio

- "Mujeres de ciencia": https://www.youtube.com/watch?v=aKEU-KW8xX0&feature=share

- "Las chicas son de ciencias": https://www.youtube.com/watch?v=nvvU8a_4O1g&feature=youtu.be 


Recordade que vós, e solo vós, tedes a capacidade para logar o que queirades, como ben dicía Marie Curie: "o camiño cara ó progreso non é facil nin rápido", pero todo acaba chegando. 

Agardamos que estas propostas vos desperten o interese!

Ata pronto!

RECURSOS ENTROIDO

 Boas nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Como sabedes a nosa biblioteca nova vai vento en popa pero aínda que estamos traballando duro dende o cole, aínda nos queda moito camiño.

Os nosos libros aínda seguen en caixas, así que non podemos dispoñer de moitos deles, por iso vos queríamos deixar algúns recursos para ver, xogar e compartir sobre o noso ENTROIDO

Aquí podedes velos e ir clicando: 

Canción "O entroido move o corpo", de Paco Nogueiras. 


Vídeo promocional "Cidade da Cultura": ENTROIDO


Da editorial Xerais temos dúas cancións moi chulas: 

Canción "É tempo de Entroido"https://vimeo.com/497905783

Canción "Non pare a festa"https://vimeo.com/497907617



Xogos INTERACTIVOS: INFANTIL: https://www.chiscos.net/xestor/chs/belenjunquera/merdeiro/merdeiro.html

PRIMARIA: https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1461841740/contido/index.html

Symabaloo con recursos INFANTIL: https://www.symbaloo.com/mix/entroido1

BrincaLetras (pasapalabra):

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360319196/contido/entroido/index.html

Podedes consultar tamén esta completa guía: https://drive.google.com/file/d/1focQc-V3sM7Ihz6HO1n93UP5OMJOMt0F/view?usp=sharing

- Información en "Aulas Galegas": https://aulasgalegas.org/o-entroido/

-Novas: https://perderelrumbo.com/entroido-en-galicia-20-carnavales-ancestrales/


No seguinte post deixaremos tamén outros enlaces que buscou o Equipo de Biblioteca con motivo do Día da nena e da muller na ciencia, o 11 de febreiro. 

Podedes buscalo no blog ou directamente clicando aquí: http://bibliopingas.blogspot.com/2021/02/dia-da-nena-e-muller-na-ciencia.html

Agardamos que lle saquedes moito proveito! 

Un saúdo!



xoves, 4 de febreiro de 2021

IMAGINE...Pola PAZ

Boas amiguiños e amiguiñas!


Damos por finalizado estes días conmemorativos de PAZ con esta versión da canción Imagine que preparo o alumnado de 6º coa axuda da profe de Inglés Noelia.


Agardamos  que vos guste! =)