luns, 3 de decembro de 2018

Lecturas de Nadal

Xa estamos no mes de decembro e desde hoxe tes no expositor os libros da temática de Nadal e inverno.


Na semana do 17 ao 21 haberá a sesión de lecturas do Nadal na biblioteca. Estate atento aos carteis!

luns, 5 de novembro de 2018

LECTURAS DE SAMAÍN

O venres 26 de outubro Alicia e Nahema de 4ºC foron a lerlles un conto aos nenos de 3 anos.
O conto elexido foi o Carabuñas, de Margarita del Mazo. Os nen@s pasaron un anaco terrorificamente bo.



O luns día 29 de outubro tocoulles aos nen@s de 4 e 5 anos disfrutar co monstro Carabuñas.





O martes 30 foi o turno dos de primaria. Durante o recreo puideron disfrutar das lecturas de medo.
Sara, Sofía, Claudia e Alessia leron un capítulo de "As bruxas" de Roald Dahl; Amaya (que tivo que ser substituida por Alicia porque estaba enferma) e Martina leron "Teño medo!" de Tim Bowley; Sara, Hoda, Lucía, Ainhoa, Laura e Paula leron "Unha pantasma con asma" de Carmen Gil; e Alicia e Nahema voltaron a ler "O Carabuñas" de Margarita del Mazo.



 Aquí tedes o vídeo desta sesión de lectura.


Gracias ás lectoras e a tod@s os asistentes.


xoves, 1 de novembro de 2018

A árbore das ilusións

Continuamos a decorar a biblioteca para que sexa un lugar onde apeteza estar e todo o alumnado do cole sinta como seu.
O curso pasado fíxose o Abecedario Literario para a zona de primaria e neste imos decorar o espazo de infantil.
Empezamos facendo medrar A árbore das ilusións: un carballo decorado con contos e con follas feitas de papel de agasallo.
Nesta actividade está a colaborar o alumnado de 1º nivel de primaria, que son os novos usuarios autónomos da biblioteca. Están a traer anacos de papel de regalo usado para reutilizar facendo as follas.
Na seguinte imaxe podes ver como vai o proceso.


Se es de 1º, vén a velo e localiza a folla feita co teu papel ou co dun compañeiro.

xoves, 25 de outubro de 2018

LECTURAS DE SAMAÍN

O vindeiro martes 30 de outubro durante o recreo vén á biblioteca a pasar un anaco terrorificamente bo.



Ademais o venres 26 de outubro iremos a lerlles O Carabuñas aos nenos de 3 anos. O luns 29 presentarémosllo aos nenos de 4 e 5 anos. Van a pasalo de medo!

mércores, 24 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenilpropuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración.
Por iso este día a biblioteca do noso colexio vestirase de festa para celebralo como se merece. Non faltes!


xoves, 18 de outubro de 2018

UNS LIBROS DE MEDO

Xa podedes vir a buscar á biblioteca os libros de Samaín para pasar un anaco terrorificamente bo léndoos.
Esperámosvos.



xoves, 27 de setembro de 2018

Novidades de outubro

A partir do luns 1 de outubro abrirá a biblioteca nos recreos. O expositor de novidades estará cheo coas últimas adquisicións.

Aquí podes ver cales son e ir pensando cal vas ler.

Para educación infantil:


Para os primeiros lectores:





Para os lectores autónomos temos novas aventuras de Gerónimo Stilton.



 


Para os lectores avanzados:


Ademais, entre as novidades, hai libros de consulta. Nesta ocasión catro libros sobre ciencias da natureza e varias biografías de mulleres e homes relevantes da Historia, desde Cromañón ata Nelson Mandela.

         

mércores, 19 de setembro de 2018

Letras Galegas 2019

A Real Academia Galega comunicou no pasado xullo que o autor escollido para homenaxear no Día das Letras Galegas 2019 é Antón Fraguas.
Isto é o que publicou no seu Twitter.


Nos seguintes enlaces tes información sobre este etnógrafo:


Abecedario literario

Se pasaches pola nosa biblioteca estes días verías que o Abecedario literario xa está completo decorando as paredes.

Aquí tes un vídeo con todas as letras para velas con máis detalle.


Comeza o curso 2018 - 2019


martes, 29 de maio de 2018

O abecedario literario

Grazas á vosa colaboración nas titorías decoramos as paredes da biblioteca cun abecedario literario 
no que cada letra aparece acompañada dun personaxe que a leva no seu nome.

Aquí podedes ver algunha delas.



O resultado son unhas letras e personaxes de colorido variado decorados con diferentes técnicas e materiais que alegran a nosa biblioteca.

Pasádevos pola biblioteca para ver o resultado final.

Ademais podedes xogar ás adiviñas tentando saber quen é o personaxe colocado ao carón de cada unha delas. Nun cartel da biblioteca, coa lista de letras e personaxes, poderedes comprobar os vosos coñecementos literarios.

Grazas a todos polo voso esforzo e participación.


luns, 28 de maio de 2018

A princesa do Caurel

Os alumn@s de 2ºA e a súa profe María José fixéronnos un regalo para adornar a biblioteca. Aquí tendes a Princesa do Caurel co seu anel.
Gracias polo agasallo.



Se vos animades podedes coñecer máis deste personaxe no libro "A princesa do Caurel" da editorial OQO.


venres, 18 de maio de 2018

Contacontos para infantil

O día 3 de maio os nen@s de educación infantil tiveron sesión de contacontos "Os libros da titiriteira". Trouxo tres libros moi especiais cargadiños de historias e personaxes.
Aquí vos deixamos as fotos.








venres, 11 de maio de 2018

Sesión de lectura Letras Galegas

O día 16 de maio tivo lugar a última sesión de lecturas na biblioteca do cole. Estivo adicada a María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas Letras Galegas.



Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día.

                      

      

                     

      
                       



Gracias a tod@s os lectores por participar e a todos os que viñestes a escoitalos. Tamén queremos dar as gracias á profe María Cabado que leva anos ocupándose de ensaiar cos nen@s que van a ler e que este curso nos deixa. Gracias María por facernos disfrutar tanto cos libros e moita sorte no teu novo colexio. Ímoste botar moito de menos.


luns, 7 de maio de 2018

17 de maio, Día das Letras Galegas




Por que se celebra o Día das Letras Galegas?


A celebración do Día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", o 17 de Maio de 1863, e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia. Creouse como un organismo que loitase pola lingua e a cultura galegas. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro. 


MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ





Este ano, como xa todos sabedes, a escritora homenaxeada é María Victoria Moreno Márquez. Naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.





Xa podedes atopar na biblioteca a exposición de libros desta autora, os cales podedes levar en préstamo. 





Ademais hai unha colección dos Bolechas "As miñas primeiras Letras Galegas" pensada para que os máis pequenos coñezan algúns dos autores aos que se lle adicou este día. Animádevos e vide a buscar o voso.

Resultado de imagen de colección bolechas letras galegas