martes, 31 de marzo de 2020

CONTOS NA CASA


Se, nestes días que temos que permancer nas nosas casas, vos apetece ler ou ver un videoconto aquí tedes varias opcións:

  • A CRTVG (televisión de Galicia) propónvos unha serie de 26 videocontos. Fai clic na imaxe.



  • A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas abre o acceso a toda a comunidade. Tedes máis información no seguinte enlace:


GaliciaLe


  • A asociación de editoriais independentes de literatura infantil e xuvenil ¡Âlbum! fai unha interesante proposta: En casa...#ÁlbumALas11. Aquí tedes os enlaces:




  • O escritor barcelonés Jordi Sierra i Fabra escribe na súa web oficial un conto cada día. Comezou esta iniciativa o luns 16 de marzo. Mirade cantos contos tedes para ler! Se vos interesan facede clic na seguinte imaxe:



venres, 13 de marzo de 2020

LECTURAS NA BIBLIO



O día 4 de marzo tivemos outra sesión de lecturas na biblioteca do cole.


Carla, Zaida, Óliver, Alejandra e Natalia leron "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro para conmemorar o día adicado a dita autora.


África, Sofía, Nerea, Izan, Sofía e Inés leron "Rapunzel con piollos" de El Hermatocrítico, unha das novidades que hai na biblioteca.


 

 















Gracias @s lector@s e a todos os que viñestes a escoitalos.



mércores, 11 de marzo de 2020

A FESTA DE MARZO

Marzo é un mes de festa para a biblioteca. Temos tres conmemoracións importantes:

8 de marzo: Día Internacional da Muller


Que sabes de Cleopatra, Agatha Christie, Malala ou Elena Fortún? 

Se queres coñecelas algo máis neste expositor tes algúns libros sobre elas e sobre outras mulleres que deixaron a súa importante pegada no mundo.

21 de marzo: Día Mundial da Poesía

27 de marzo: Día Mundial do Teatro


Nestes andeis tes as obras teatrais e poéticas da nosa biblioteca. Acércate a coñecelas!



Se che gusta o teatro tes unha cita coa biblioteca o día 31 deste mes porque no recreo vanse facer lecturas de varias escenas de obras teatrais.