domingo, 14 de abril de 2024

Abril Mes do libro: Banda deseñada

Ola lectores e lectoras!

Neste mes de abril, ademais de contar con estacións de xogo na biblio durante todo o mes como vimos facendo habitualmente durante todo abril, enviáronse ás aulas unhas BOLSAS CON EXEMPLARES de cómic/banda deseñeda para coñecer distintos exemplares deste xénero, non tan descoñecido, para darlle visibilidade, aproveitando o lema deste ano das BEGA: Unha biblioteca escolar en viñetas.

Ademais, aproveitamos para aumentar o noso fondo bibliográfico de banda deseñada, contando con algúns clásicos e outras novidades editoriais que non podía faltar. 

Estas son as bolsas que recibiron ás aulas:

/ /

Aquí podedes ver un exemplo do material por niveis:



Nestas bolsas tamén incorporamos dous códigos con información sobre unha PROPOSTA de traballo e unha breve GUÍA informativa para coñecer máis en profunidade a Banda Deseñada. Clickade para saber o que esconden:

E aquí podedes ver tamén algunhas das novidades coas que contamos en cómic.



Non olvidedes pasar pola biblio para coñecelas. 

Deica pronto Laracheirxs!

Ningún comentario:

Publicar un comentario