martes, 20 de decembro de 2022

BO NADAL E FELICES FESTAS!!

Por aquí estamos de novo, esta vez para despedir este trimestre!

Xa están as vacacións moi pretiño e como cada Nadal, queremos deixarvos unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS con novidades editoriais. Por que... que mellor que agasallar un libro?

Clicade na imaxe para velas!


E xa tamén, como non pode ser doutra maneira, dar un enorme GRAZAS ao alumnado voluntario que axuda nos recreos na biblioteca: sen todos e todas vós non sería posible! 

Despedímonos xa cunha grande aperta e desexándovos moi FELIZ NADAL!

LECTURAS DE NADAL: a hora de ler na biblio

 Boas de novo bibliopingueirxs!!

Queremos compartir con vós as últimas Lecturas en voz alta realizadas a semana pasada na biblioteca durante a Hora de ler, con temática de Nadal e bos desexos.  Todas as lecturas son exemplares que acaban de chegar á nosa biblio.

Para o 1º ciclo, o alumnado de 2ºB, leu "EL RENO DE NAVIDAD", de Nicola Killen. 


No 2º ciclo, as nenas e nenos de 3ºC leron unha peza teatral: "AOS REIS MAGOS NON LLES GUSTAN OS CARAMELOS DE MENTA", de Isabel Freire. 



Finalmente, o alumnado de 6ºA, nos leu a fantástica aventura de "EL CERDITO DE NAVIDAD", de J.K. Rowling.

Graciñas a todos e todas por vir e por suposto aos lectores/as!

Deica pronto!

martes, 13 de decembro de 2022

PODCASTS DOS NOSOS CONTOS

Boas de novo!

Como sabedes, este curso estamos a desenvolver un proxecto sobre a literatura infantil "Déixame que che conte...". Cada aula escolleu un conto e está a traballar con el durante todo o curso... 

Unha proposta inicial que xurdiu o Día das Bibliotecas era crear un pequeno podcast no que se falara do conto ou historia escollida, e aquí os tendes. 


Disfrutade desta lista "Spotify" dos contos escollidos polas distintas aulas.  Clicade na seguinte imaxe que contén un enlace á nosa canle de IVOOX da nosa radio "600 NAS ONDAS" podedes escoitalos.

Na biblio tedes tamén a lista e as tablets para escoitalos durante os recreos.

Deica pronto!

luns, 12 de decembro de 2022

Achégase o Nadal...

 Ola de novo biblipingueirxs!!

  Queríamos compartir con vós que xa na biblio temos novos exemplares coa temática de Nadal, historias moi chulas para ler e compartir! Aquí as podedes ver: 

Nesta semana faranse de novo as Lecturas en voz alta, na hora de ler, tal e como vedes no cartel. 


No ESPAZO FEDELLEIRO tedes retos para probar cos LEGO, animádesvos?


Vos deixamos tamén un enlace ao CALENDARIO DE ADVENTO DE CONTOS que prepararamos o curso pasado pero que podedes volver empregar durante este mes. 

http://bibliopingas.blogspot.com/2021/12/benvido-nadal-calendario-de-contos.html

Prontiño vos deixaremos tamén unhas RECOMENDACIÓNS LECTORAS para este Nadal. Agasallar un libro sempre é boa idea. 

Apertas!


martes, 6 de decembro de 2022

LECTURAS 25N: Pola igualdade

 Boas a todxs!

Compartimos con vós as últimas lecturas en voz alta con motivo da conmemoración do 25N: Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. 


Na "Hora de ler", o noso alumnado leu 3 obras xa coñecidas pero con moito fondo para pensar e reflexionar, para educar en igualdade, porque a realidade é que nos atopamos con situacións todavía hoxe que non nos gustan, que son inxustas e nas que debemos facer todo o posible para acabar con elas. 

Aquí tendes as lectoras e lectores.

O alumnado de 2º compartiu a lectura "Artur e Clementina", clásico sobre a desigualdade de Adela Turín e Nella Bosnia (editorial Kalandra), para os compañeiros/as do 1º ciclo e máis de Infantil.





As nenas e nenos de 3ºA leron "Cuando las niñas vuelan alto", de Raquel Díaz Reguera (editorial Lumen), un conto con moita salida e moi apreciado polo alumnado desta idade. 

Por último, no 3º ciclo, o alumnado de 5º leu "La niña de rojo", de Aron Frisch e Roberto Inocenti (editorial Kalandraka). 


Na biblio tamen tivemos unha recompilación de LECTURAS COEDUCATIVAe sobre igualdade que se podían levar en préstamo.


No ESPAZO FEDELLEIRO, contamos cunha sinxela proposta da historia "Arturo e Clementina", que consistía en ordenar a secuencia de imaxes tal e como sucede na historia.


Compartimos tamén por aquí a proposta visible resultante da coordinación dos equipos de centro. Tomando de referencia o libro "Cuando las niñas vuelan alto...", fixéronse estas gran ás nas que participou todo o alumnado do centro. 

Deica pronto!