mércores, 27 de marzo de 2019

27 de marzo, día do teatro

O día 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro.



 Pásate pola biblioteca a buscar o teu libro.

luns, 25 de marzo de 2019

Lecturas en marzo na biblioteca

O vindeiro venres 29 de marzo haberá  unha nova sesión de lecturas na biblioteca durante o recreo. Os temas serán a muller, a poesía e o teatro.
Vas a perdelo? Achégate.

venres, 22 de marzo de 2019

Lecturas de novidades

O día 28 de febreiro tivemos unha nova sesión de lecturas na biblioteca. Nesta ocasión non foi sobre ningunha temática específica. Escolléronse algunhas das novidades deste curso.
Aquí vos deixamos o vídeo das fotos das lecturas.


Vémonos na biblioteca.

xoves, 21 de marzo de 2019

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo celébrase o día mundial da poesía. Vén á biblioteca a coller o teu libro de poemas! Non quedes sen el!


mércores, 6 de marzo de 2019

O MES DE MARZO NA BIBLIOTECA

Neste mes de marzo temos varias conmemoracións:

  • o día 8, o Día Internacional da Muller
  • o día 21, o Día Mundial da Poesía
  • o día 27, o Día Mundial do Teatro

Para celebralas, na biblioteca temos organizadas varias actividades.

No expositor de novidades amósanse os libros sobre a muller: biografías de mulleres, narracións que destacan o papel da muller, obras escritas por mulleres...


Tamén destacaremos as obras de teatro e os libros de poesía que temos na nosa biblioteca, que estarán no seu corrrespondente andel . 
Aquí tes algunhas das novidades de poesía:



Ademáis haberá unha sesión de lectura na que algúns nenos lerán textos relacionados coas tres conmemoracións.