xoves, 19 de outubro de 2023

Voltamos! Comezamos este curso 2023/2024

 Ola ola ola!

Cantas ganas tiñamos xa de pasarnos por aquí! Como sabedes o noso percorrido do curso comeza co Día das Bibliotecas e, aínda que a nosa biblio xa leva aberta dende comezos de outubro, aproveitamos esta data sinalada para dar o pistoletazo de saída ao noso PDI, este curso máis axeitado se cabe.

O proxecto documental integrado deste curso é "XOGOS OLÍMPICOS: Valores de ouro". Ao longo destes meses mergurllarémonos nas Olimpiadas e na súa historia, nos deportes, nas súas mascotas, nos continentes... estades preparadxs para comezar?

Ramoniño dende logo si, aquí o tendes equipadísimo!!

Nos tamén estamos listxs e o facemos por todo o alto, coa SEMANA OLÍMPICA NO COLE!


Dende a Biblio queremos que participedes nas OLIMPIADAS LITERARIAS, aproveitando o inicio do curso escolar xunto co ano olímpico e tamén o Día das Bibliotecas, que se conmemora o 24 de outubro. 

Un saúdo e vémonos prontiño!

De momento ata a semana que vén, vémonos nas Olimpiadas Literarias!