luns, 28 de xaneiro de 2019

Lecturas para a Paz

O vindeiro mércores día 30 de xaneiro durante o recreo podes vir escoitar á biblioteca catro libros lidos por compañeir@s que falan da paz, solidaridade e amizade.
Esperámoste no recreo. Non faltes!


xoves, 10 de xaneiro de 2019

Libros da Paz

Xa están á túa disposición os libros coa temática da paz na estantería de novidades da biblioteca. Ven coller o teu!

Sesión de lectura Nadal 2018

O 19 de decembro tivo lugar a sesión de lectura de Nadal. Os títulos elixidos foron:
"Renato" de Manolo Hidalgo, ligo por Carla.



"Contos de Reis e de Nadal" de Miguel Vázquez Freire, lido por Estefanía e Daniela.


"O castiñeiro do Apalpador" de Inacio, lido por Érika e Jose.


"O boneco de neve" de Xoán Babarro, lido por Lara, Natalia, Lira e Iria.


Aquí vos deixamos o vídeo con algunhas imaxes da sesión.




Grazas aos lector@s e os que viñéstedes a velos.