martes, 29 de maio de 2018

O abecedario literario

Grazas á vosa colaboración nas titorías decoramos as paredes da biblioteca cun abecedario literario 
no que cada letra aparece acompañada dun personaxe que a leva no seu nome.

Aquí podedes ver algunha delas.



O resultado son unhas letras e personaxes de colorido variado decorados con diferentes técnicas e materiais que alegran a nosa biblioteca.

Pasádevos pola biblioteca para ver o resultado final.

Ademais podedes xogar ás adiviñas tentando saber quen é o personaxe colocado ao carón de cada unha delas. Nun cartel da biblioteca, coa lista de letras e personaxes, poderedes comprobar os vosos coñecementos literarios.

Grazas a todos polo voso esforzo e participación.


luns, 28 de maio de 2018

A princesa do Caurel

Os alumn@s de 2ºA e a súa profe María José fixéronnos un regalo para adornar a biblioteca. Aquí tendes a Princesa do Caurel co seu anel.
Gracias polo agasallo.



Se vos animades podedes coñecer máis deste personaxe no libro "A princesa do Caurel" da editorial OQO.


venres, 18 de maio de 2018

Contacontos para infantil

O día 3 de maio os nen@s de educación infantil tiveron sesión de contacontos "Os libros da titiriteira". Trouxo tres libros moi especiais cargadiños de historias e personaxes.
Aquí vos deixamos as fotos.








venres, 11 de maio de 2018

Sesión de lectura Letras Galegas

O día 16 de maio tivo lugar a última sesión de lecturas na biblioteca do cole. Estivo adicada a María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas Letras Galegas.



Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día.

                      

      

                     

      
                       



Gracias a tod@s os lectores por participar e a todos os que viñestes a escoitalos. Tamén queremos dar as gracias á profe María Cabado que leva anos ocupándose de ensaiar cos nen@s que van a ler e que este curso nos deixa. Gracias María por facernos disfrutar tanto cos libros e moita sorte no teu novo colexio. Ímoste botar moito de menos.


luns, 7 de maio de 2018

17 de maio, Día das Letras Galegas




Por que se celebra o Día das Letras Galegas?


A celebración do Día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos", o 17 de Maio de 1863, e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.


"Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna.

A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego.

A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas...

A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia. Creouse como un organismo que loitase pola lingua e a cultura galegas. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro. 


MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ





Este ano, como xa todos sabedes, a escritora homenaxeada é María Victoria Moreno Márquez. Naceu en 1939 na vila cacereña de Valencia de Alcántara. Ao chegar a Galicia, como profesora de instituto, converteuse nunha firme defensora do noso idioma. Escribiu unha chea de libros de literatura infantil e xuvenil en galego e chegou a dirixir a Colección Árbore da Editorial Galaxia. Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras polo seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura. María Victoria Moreno é a cuarta muller que se homenaxea nesta celebración dende a súa creación pola Real Academia no ano 1963.





Xa podedes atopar na biblioteca a exposición de libros desta autora, os cales podedes levar en préstamo. 





Ademais hai unha colección dos Bolechas "As miñas primeiras Letras Galegas" pensada para que os máis pequenos coñezan algúns dos autores aos que se lle adicou este día. Animádevos e vide a buscar o voso.

Resultado de imagen de colección bolechas letras galegas

venres, 4 de maio de 2018

Padriños Lectores

O día 23 de abril, para festexar o Día do Libro, voltamos a facer a actividade dos "padriños lectores". Tanto os padriños como os seus afillados quedaron encantados. Moitos incluso recibiron algún agasallo. Como os nen@s de 4 anos non estaban tiveron que esperar ao día 24 para que os seus padriños lles contasen os contos que buscaran para eles.
Aquí vos deixamos o vídeo coas fotos. A ver se vos atopades!


Visita da escritora Érica Esmorís

O pasado 24 de abril os alumn@s de 6ºB recibiron unha visita moi especial. Veunos a ver e a falar con eles a escritora coruñesa Érica Esmorís. Faloulles, entre outras cousas, do seu libro "Nena e o mar" gañador do premio Merlín 2015, o cal eles estiveran lendo no primeiro trimestre.
Para darlle as gracias déronlle un debuxo da portada do libro feito por Brenda. Foi unha actividade moi interesante. Seguro que repetimos.