luns, 25 de marzo de 2024

Obradoiros na nosa biblio: ilustración e banda deseñada.

 Ola a todas e todos.

Volvemos por aquí para compartir con vós que este mes de marzo estivemos cheíños de actividades pola nosa biblio.

Aproveitando que o lema das bibliotecas escolares este curso céntrase na BANDA DESEÑADA, estivemos ampliando os nosos fondos deste xénero e propuxémonos afondar un pouco no debuxo, na ilustración e na importancia da imaxe na literatura. 

Ademais, no próximo mes de abril, O MES DO LIBRO, queremos que o alumnado participe nunha proposta creativa relacionada coa banda deseñada. 

Así, parte do noso alumnado puido disfrutar este mes duns obradoiros de ilustración e cómic

O alumnado de 2º de Primaria pasouno en grande con PABLO OTERO. Un obradoiro centrado na creatividade para crear unha personaxe, onde os materiais de refugallo e a imaxinación do alumnado foron os protagonistas. 


LUCÍA COBO acompañou o alumnado de 4º de Primaria na iniciación ao debuxo e a ilustración, partindo da súa experiencia. Tras unha breve charla sobre o seu traballo e como xurdiu a súa paixón pola ilustración, o alumnado púxose mans á obra coas súas creacións. 


Por último, tivemos tamén o pracer de recibir a XULIA PISÓN, ilustradora de banda deseñada en galego. O alumnado de 6º tivo a oportunidade de coñecela e ademais desfrutar dun obradoiro moi completo no que paso a paso descubriron como crear personaxes, como dotalas de vida, como crear un bo storyboard...


Aproveitamos por suposto para que estas autoras nos firmasen os exemplares que temos na biblioteca, pois non todos os días podemos desfrutar destas visitas tan especiais!

Xa vedes que non paramos non? Grazas a todxs por aceptar a nosa invitación.

Despedímonos deste trimestre con estas propostas, pero atentxs, que abril pronto chega e volvemos coas pilas cargadiñas!

Deica pronto e a desfrutar destes días de descanso!

Ningún comentario:

Publicar un comentario