luns, 6 de maio de 2019

Letras Galegas 2019

A Real Academia Galega comunicou no pasado xullo que o autor escollido para homenaxear no Día das Letras Galegas 2019 é Antón Fraguas.
Isto é o que publicou no seu Twitter.


Nos seguintes enlaces tes información sobre este etnógrafo:

Con motivo da celebración deste día o 17 de maio, durante este mes na biblioteca as nosas novidades serán en galego.
Aquí tes os títulos que podes atopar.



Ademais tamén contaremos cun andel especial para a colección dos Bolechas "As miñas primeiras Letras Galegas", na que hai contos onde os protagonistas son escritor@s galeg@s aos que se lle adicou esta data. Nela podes atopar autores como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel María, ... e tamén por suposto, a Antonio Fraguas, o homenaxeado deste ano. Se queres saber máis cousas sobre el tamén podes levar prestado o libro coa súa biografía.







Vente á biblioteca, non quedes sen o teu!!!

Sesión de lectura de marzo

Onte, día 29, tivo lugar a terceira sesión de lectura do ano. Escolléronse textos relacionados coas tres conmemoracións do mes: muller traballadora, poesía e teatro.

Parabéns aos lectores e lectoras!!!  Fixéronno moi ben.

Aquí tedes as fotos desas lecturas.



 

                             

      




Grazas a todos os que adicaron uns minutos do seu recreo a escoitar a estes compañeiros.