domingo, 17 de maio de 2026

LECTURAS COMPARTIDAS

 Ola, ola!

En Maio, coma todos os anos, realizamos as nosas lacturas compartidas entre aulas de cursos altos e baixos. Os nenos e nenas máis maiores escolleron un libro e compartiron a hora de ler cos máis pequenos/as. Deixamosvos unhas fotiños destes momentos.








Ate pronto!

mércores, 6 de maio de 2026

LECTURAS EN VOZ ALTA EN ABRIL

Boas compis!

Neste abril, os nenos e nenas, adicaron as lecturas en voz alta ao proxecto do centro: "Xuntos imos dar a vota ao mundo", lendo distintos fragmentos de libros relacionados cos diferentes países que se están a traballar no cole.

Os nenos e nenas de 3ºC, Reitchell, Martín, Noa, Izan, Hatria, Alicia e Pablo e Carlota, Hugo, Martín, Álex e Martina de 5ºD leron "Historia y mitología de Irlanda para niños curiosos" de Lila Brightwood (Irlanda), "Bandoola. El gran rescate de los elefantes" de William Grill da editorial Zorro Rojo (India) e "Cómo sobrevivir al antiguo Egipto" de El fisgón histórico de EDEBÉ (Exipto).



Para o primeiro ciclo leron Bruno, Unai, Martina e Zoe de "Viaje a Japón" de Miss Paty de Errata Naturae Editores. e Clara, Tiago, Efrén, Gabi e Javi, de  leron "Lolota viaja a Italia" de Ángel Fernández Fermoselle da editorial Kailas



Moitas grazas a todos os nenos e nenas que se animan a ler aos compañeiros/as.


Vémonos pronto =)

DIA DO LIBRO

Boas nenos e nenas!

Para conmemorar o Día do Libro organizamos un bingo literario na biblioteca, no que participaron todos os cursos de infantil e primaria ao longo do día. A aula gañadora levouse un trofeo de Ramoniño, pero todos os nenos e nenas recibiron unha pulseira do Día do libro pola súa participación. Foron algúns colaboradores e colaboradoras da biblioteca os que dinamizaron esta actividade aos seus compañeiros e compañeiras.









Feliz Día do Libro!

OBRADOIRO DE IMPRENTA CREATIVA

 Boas amiguiños!

Este ano, como parte dos obradoiros creativos que adoitamos facer, os nenos e nenas de 1º de primaria participaron nun obradoiro de imprenta creativa impartida por Alouette Machine. Trouxeron a súa imprenta ambulante chea de materia que nos deixou coa boca aberta. O alumnado aproveitou para facer carteis de Xapón, o país no que está a traballar o primeiro curso. 








Que vos parecen os carteis que fixeron?


Ate pronto!

NOVIDADES 3º TRIMESTRE

 Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí están as novidades que temos na biblioteca este trimestre.

INFANTIL


1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO


Aproveitamos tamén este espazo para agradecer aos colaboradores e colaboradoras do segundo trimestre, que estiveron traballando para que a biblio funcione á perfección nas horas do patio.


Vémonos pronto