Boas bibliopingueirxs!!
Este mes radicamos as lecturas en voz alta ao TEATRO (27 de marzo) e e POESÍA (21 de marzo), pois ambos teñen o seu día neste mes de marzo.
Os exemplares lidos foron os seguintes:
Esta ocasión, o alumnado de 5ºB de primaria leu un fragmento de teatro escolar para o alumnado de 3º ciclo: O CASTELO DE PEÑA REDONDA, O MáIS TOLO DA CONTORNA, escrito por Celia Díaz Núñez, da editorial Fervenza.
Son Mía, Alba, Paula, Simón, Sofía, Diego e Martín.
Para o 2º ciclo, o alumnado de 3ºA leu parte de SOMOS OS MONSTROS, de Paula Carballeira, editado por Xerais.
Leron Carmen, Daniela, Ángeles, Alejandro, Oliver e Sebas.
O alumnado de 1º leu varios poemas de VERSOS DE CUENTO, de Carmen Gil e ilustrado por Gusti (editorial SM), para os seus compañeiros e compañeiras de ciclo.
Son Nil, Ana, Laia, Daniella, Jorge e Alba.
Graciñas a todos por vir escoitar e tamén, coma sempre, o alumnado lector!
Vémonos pronto =)
Ningún comentario:
Publicar un comentario