xoves, 28 de xaneiro de 2021

Tarde... pero de volta!

 Boas familia lectora!

Neste mes de xaneiro estivemos bastante ausentes pero foi por un bo motivo...

Como sabedes estamos a darlle unha gran reforma ó noso espazo de Biblioteca e isto, xunto coa situación epidemiolóxica que estamos a vivir, pois ten ó equipo e a Ramoniño bastante ocupado!

Neste segundo trimestre a nosa biblio permanecerá pechada pola remodelación do espazo... eso si... está quedando unha biblio INCRIBLE! Xa veredes o resultado! 

Grazas ó PLAMBE hoxe estamos onde estamos, pero aínda nos queda moito traballo por dinte. Aquí vos deixamos un avance moi breve...

Aínda así procuraremos compartir alguha cousiña que preparemos e que poidamos, cos medios que temos, porque todos os nosos tesouros (os libros) están gardadiños en caixas á espera de que os coloquemos =) 


Seguimos nas aulas co préstamos da Caixa de Ramoniño, que neste trimestre poderedes cambiar con outro grupo do nivel.



Tamén deixamos á disposición das titorías o catálogo novo de PELÍCULAS e tamén os xogos de "XOGOS NA BIBLIO". Actualmente atópanse na sala de profes, e ambas cousas poden ser levadadas en préstamo polas titoras/es na súa aula. 

Os xogos poden collerse durante 15 días, devolvéndoos de novo coa corentena correspondente. 

As películas pódense coller durante 3 días, tamén desifectando o necesario.




Ademáis, mañá compartiremos as lecturas para o Día da Paz

Esperamos ter pronto de novo noticias e seguir en contacto con vós!

Un saúdo! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario