venres, 29 de xaneiro de 2021

LECTURAS NA BIBLIO: Unha Paz diferente

Ola de novo!

Como vos anunciábamos onte, hoxe compartimos con vós as lecturas que facemos cada mes dende a biblioteca. 

Neste mes decidimos adicarlle á Paz e tamén a Diversidade, como un concepto clave para poñer en práctica a solidariedade, a empatía ou a comprensión, valores sen os cales non é posible a paz. Seguimos así a proposta de dar visibilidade as persoas con discapacidade e dificultades que comezamos en decembro.

Para iso escollemos estes catro libros.


Palabras con Corazón, de Kate Jane Neal, de Edicións SM. 

Len Xiana, Rubén, Anxo e Martín de 1ºA. 

(Todos os públicos)



Pepita es especial, de Fabiola Arroyo, da editorial Beascoa.

Podedes escoitar a Elsa, Dani, Esien, Breixo e Noa, de 4ºC.

(Todos os públicos)


La lección de August, de R.J. Palacio, da editorial Nube de Tinta. 

Nesta ocasión len Lucía, Malena, Óscar, Álvaro e Cloe, de 5ºA. 

(Lectores expertos 10-12 anos)


Na próxima semana ensinarémosvos tamén unha montaxe que fixo o alumnado de 6º coa historia de "IMAGINE".

Agardamos que os disfrutedes.

Ata pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario