luns, 21 de decembro de 2020

Ata o próximo ano!

Boas amigos e amigas do Otero Pedrayo!

Este ano chega xa o seu fin... e non queremos queixarnos, a pesar de que todo esta sendo máis difícil do que nos gustaría, porque temos uns nenos e nenas, unhas familias e un profesorado increíble! 
Temos moitas razóns para sentirnos orgullosas e orgullosos de todo o traballo durante este primeiro trimestre. 
 Por iso, queremos pedir para toda a nosa a comunidade educativa os mellores desexos: 
AMOR, SAÚDE e FELICIDADE

E... recordades que polo Día da Discapacidade, 3 de decembro, pedíamos que fixerades unha mensaxe ou pequeno desexo para este novo ano en LSE? 
Pois aquí está!

Fixemos esta felicitación de Nadal dun xeito distinto, especial, que esperamos que vos guste e vos saque un sorriso como o fixestes todos vós, nenas e nenos, ó longo deste trimestre. 
Só esperamos que o 2021 nos siga traendo soños, sorrisos, amor, apertas, bicos, tempo coa xente que queremos... porque, ó final, todo isto da pandemia, creo que nos fixo darnos conta do que realmente é importante.

Dende o equipo de Biblioteca despedímonos ata o próximo ano, no que, si todo vai ben, poderemos desfrutar dun novo espazo de Biblioteca. Comezamos pronto as obras e queda moito traballo por diante pero non nos faltan ganas nin ilusión.

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!
Que todos os vosos soños e cumplan.

Unha aperta enorme! =)

Ningún comentario:

Publicar un comentario