mércores, 13 de maio de 2020

Máis Letras Galegas, máis RETOS


Boas amiguiños e amiguiñas!

Hoxe traémosvos varias propostas máis para que pasedes un bo anaquiño aprendendo sobre o homenaxeado deste ano nas Letras Galegas: RICARDO CARBALLO CALERO. 

1. A primeira é para Infantil e Primaria. Ten moitos datos do autor, pequenos xogos e enlaces a actividades. Foi feito polo equipo de profes do CEIP Plurilingüe Alexandre Bóveda, de Pontevedra.

Clicade aquí: https://view.genial.ly/5ebb9c83bdaf590d71d5aacf/presentation-letras-galegas-2020-copia


2. Tamén para Infantil e Primaria, neste caso trátase dun xogo tipo Scape Room que comparte unha compañeira do CEIP A Laxe (Ferrol). 
Pinchade en "Sign in as Guest Student" para poder xogar...


Educación infantil https://deck.toys/rociotestclass2388

1º e 2º Educación primaria https://deck.toys/hackerworking

De 3º a 6º de , Educación primaria https://deck.toys/hackereando 


3. PREGUNTOIRO MUSICAL. Estas nenas no confinamento fixeron unha actividade chulísima con preguntas e respostas pero cun estilo musical. Bravo!





Que disfrutedes xogando! Unha aperta!



Ningún comentario:

Publicar un comentario