Boas de novo!!
Hoxe a entrada vai adicada aos máis peques do cole, ás nenas e nenos de Educación Infantil.
Queremos propoñervos unha actividade sobre Carbalho Calero e o conto
"As pitas baixo a choiva" e outra, na que podedes participar, facendo o voso propio marcapáxinas (xa o publicamos fai uns días).
"As pitas baixo a choiva" e outra, na que podedes participar, facendo o voso propio marcapáxinas (xa o publicamos fai uns días).
1. Xogade neste enlace para coñecer un pouquiño máis sobre o autor (feito por unha mestra do CPI de Vedra):
Ricardo Carballo Calero.
2. Mirade atentamente e escoitade o conto AS PITAS BAIXO A CHOIVA, tedes dúas versións.
3. Podedes mover o esqueleto con esta música:
Aquí tedes tamén o conto en PDF:https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas
4. ACTIVIDADE:
Trátase de que fagades un DEBUXO LIBRE sobre unha PITA/GALIÑA.
Trátase de que fagades un DEBUXO LIBRE sobre unha PITA/GALIÑA.
Despois sacade unha foto ou escaneade (camScanner) e mandádeo ao email da biblio: bibliolaracha@gmail.com
Con todas as vosas creacións faremos un gran collage!
5. MARCAPÁXINAS cunha palabra en GALEGO.
Aquí tendes as indicacións e tamén un vídeo explicativo (fixádevos só na segunda parte, no do marcapáxinas).
5. MARCAPÁXINAS cunha palabra en GALEGO.
Aquí tendes as indicacións e tamén un vídeo explicativo (fixádevos só na segunda parte, no do marcapáxinas).
Animádevos a participar! Esperamos as vosas pitas e os vosos marcapáxinas coa vosa foto!!
Tedes ata o VENRES 22 DE MAIO para envialo.
Tedes ata o VENRES 22 DE MAIO para envialo.
Unha aperta!
Olá! Parabéns pola iniciativa! Vainos gustar disfrutar do conto e tamén dos debuxos e marcapaxinas 😍😉.
ResponderEliminar"Carballo Calero" está correcto, pero el gostaba de asinar como "Carvalho Calero" e como homenaxeado que é creo que deberiamos de respeitar a sua decisión. Convidovos a homenaxealo como a el lle gustaria.
Apertas e parabéns novamente!
Moitas grazas!! Pois teremos en conta a firma e cambiamos o nome! =)
ResponderEliminar