martes, 5 de maio de 2020

MAIO: Letras Galegas 2020

Boas nenos e nenas do Otero Pedrayo!!
Hoxe traemos NOVAS PROPOSTAS para este mes, nas que esperamos a vosa participación!


Desde o Equipo de Biblioteca e EDLG (equipo de Dinamización da Lingua Galega) estivemos pensando en que actividades podíamos facer neste mes de maio, aproveitando a celebración das Letras Galegas 2020, que este ano están adicadas a Ricardo Carballo Calero.


Esta data é realmente importante para nós, as persoas galegofalantes, pero en xeral, para todo aquel que quere, admira e valora a Lingua Galega.
Neste mes, e no día do 17 de maio, é cando o conmemoramos de xeito máis visible, pero como dicía Manuel María “O idioma é a forza que nos xungue e sostén, se perdemos a fala, non seremos ninguén”.

Animámovos a que participedes, mirade este vídeo explicativo. 


Aquí vos deixamos as indicacións: 




Para completar o día deixámosvos aquí unha adaptación dun dos poemas máis coñecido de Curros Enríquez "Maio". O Consello de Cultura Galega (CCG) xunta neste vídeo musical diversas influencias con voces coñecidas do panorama musical galego... Esperamos que vos guste. 





Esperamos a vosa participación! Unha aperta!


Ningún comentario:

Publicar un comentario