Boas amiguiños!
Este ano, como parte dos obradoiros creativos que adoitamos facer, os nenos e nenas de 1º de primaria participaron nun obradoiro de imprenta creativa impartida por Alouette Machine. Trouxeron a súa imprenta ambulante chea de materia que nos deixou coa boca aberta. O alumnado aproveitou para facer carteis de Xapón, o país no que está a traballar o primeiro curso.
Que vos parecen os carteis que fixeron?
Ate pronto!









Ningún comentario:
Publicar un comentario