Boas nenos e nenas!
Para conmemorar o Día do Libro organizamos un bingo literario na biblioteca, no que participaron todos os cursos de infantil e primaria ao longo do día. A aula gañadora levouse un trofeo de Ramoniño, pero todos os nenos e nenas recibiron unha pulseira do Día do libro pola súa participación. Foron algúns colaboradores e colaboradoras da biblioteca os que dinamizaron esta actividade aos seus compañeiros e compañeiras.
Feliz Día do Libro!








Ningún comentario:
Publicar un comentario