Boas nenas, nenos e demais familia!
Como sabedes, o pasado martes 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA DA PAZ.
No noso cole organizamos unha carreira pola PAZ da man de "Save the Children", como se ven facendo nestes últimos anos. Ademais, aínda que constuir unha sociedade en paz, no que as desigualdades non sexan barreiras é algo do día a día, sempre nos gusta escoitar historias sobre a necesidade de ser máis empáticos, de olvidar as nosa diferenzas e buscar o ben común.
Os libros escollidos para as LECTURAS POLA PAZ foron as seguintes:
Un grupo de nenas de 6ºB, leron unha das historias de CONTOS SEN FRONTEIRAS, de Xavier Frías e Eva Mejuto, editado pola Xunta de Galicia. Escoitaron os compañeiros e compañeiras do 3º ciclo a Iria, Aroa, Lucía e Carlota.
No 2º ciclo, leu o alumnado de 4ºA: Nico, Marcos, Yerai, Martín, Lola e Estela. Leron a nova versión de INVISIBLE, de Eloy Moreno e ilustrado por Pablo Zerda, para os máis pequenos, da editorial Nuble de Tinta.
Para o alumnado de 1º e Infantil, as nenas e nenos de 2ºC puxeron voz a un álbum ilustrado EL MURO EN MITAD DEL LIBRO, de Jon Agee, editado por La casita Roja. Eles e elas son: Lara,
Grazas coma sempre ao alumnado voluntario e tamén a todos e todas as que vindes escoitar.
Deica a próxima!
Ningún comentario:
Publicar un comentario