Ola a todas e todos!
Aínda que estemos de descanso entroideiro, sabías que onte, 13 de febreiro, foi o DÍA MUNDIAL DA RADIO?
Pois si, e en 600 Nas Ondas o alumnado de 6º fixo un programa especial sobre a historia da radio. Porque non a escoitades?
Tamén vos deixamos unha lista de CANCIÓNS sobre a radio que podedes escoitar clickando.
Cal será a vosa favorita?
E por último, aínda que o alumnado voluntario estivo traballando nestas semanas previas, porque non vides a crear a vosa chapa co logo da nosa radio e a levades? Tedes todo o material na biblio!
Comezamos tamén coa emisión das NOVAS DEPORTIVAS, relacionadas coa temática do PDI anual "Xogos olímpicos. Valores de ouro".
Podedes escoitalo aquí:
Ademais estamos empregando cada vez máis a nosa radio e pronto todo o alumnado que queira terá un espazo para gravar, animádesvos a preparar un podcast ou breve programa e vir gravalo?.
A partir da próxima semana poderedes vir cada mércores a gravar e se está libre a nosa radio contaredes coa axuda dos técnicos/as para facelo.
Recordade que para gravar precisades:
Ningún comentario:
Publicar un comentario