luns, 4 de decembro de 2023

Semana de visibilización das persoas con discapacidade

 Ola de novo a todx!

O pasado sábado 3 de decembro foi o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE, unha data conmemorativa para poñer de relevancia unha sociedade inclusiva que respecte os dereitos e benestar das persoas con discapacidade. 

Dende a escola pretendemos que estes valores sexan o día a día e coas actividades plantexadas esta semana buscamos unha visibilidade activa que poña de manifesto a realidade. Na nosa biblio podedes encontrar contos e diversos libros sobre esta temática, aquí unha mostra:

Así, tendo en conto o noso PDI deste curso dos Xogos Olímpicos, convidamos a dous desportistas con discapacidade que falaron co alumnado e cos que puidemos manter unha breve entrevista na nosa radio. Nos días previos pedimos ao alumnado que investigase previamente sobre eles, proporcionando unhas breves biografías, e que pensaran en cousas que lles gustaría saber para poder facerlles esas preguntas. 

Primeiramente, MAURO RODRÍGUEZ BALIÑA, un mozo lugués todoterreo, con Síndrome de Down que compite en natación. 

Mauro estivo falando e contando a súa experiencia ao alumnado de Infantil e de 1º e 2º de Primaria. Ademais de adicarse á natación e ter innumerables medallas, é funcionario de Ordenanzas e forma parte da compañía de teatro "Pinchacarneiro", da fundación Anade. 

Clickade para escoitar a entrevista que fixo o alumnado de 1º e 2º, a súa primeira vez na radio e foi estupendamente:



Por outro lado, o venres recibimos a PACO BOEDO VÁZQUEZ, ou "Pucho" como o coñecen no mundo do Iudo. Pucho, agora xa retirado, adicou toda a súa vida deportiva a competir e entrenar na disciplina de Iudo Adaptado. Falounos da importancia da perseverancia, da estratexia e dunha adiación constante para conseguir grandes logros. Tivemos a sorte de poder ves as medallas olímpicas deste veciño coruñés!


Clickando no enlace podedes acceder a estupenda entrevista realizada pola representación do alumnado de 3º a 6º de Primaria. 



Aquí vos deixamos unhas breves biografías de ambos por se queredes saber máis. 

MAURO: https://drive.google.com/file/d/1UR8Yee8rM3LeqeEeF8WF-De9Fzpfg5cY/view?usp=sharing

PACO: https://drive.google.com/file/d/1a3YP2BXFs5hQT_rjxvIIH-5qzwMpAEE6/view?usp=sharing


O importante da visita destas dúas persoas vai moito máis alá que coñecer a súa realidade deportiva e de vida, pois son un claro exemplo de inclusión.  Ademais, a meta é clara: todo se pode facer. 

GRAZAS ENORMES a Mauro e Pucho por visitarnos e tamén ás persoas que os acompañaron e o fixeron posible.

Sempre teredes un oco no alumnado do Otero Pedrayo.

Deica pronto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario