mércores, 20 de decembro de 2023

FELICES VACACIÓNS!

 BOAS DE NOVO!

Escribimos a nosa última entrada da bitácora deste trimestre e deste ano 2023. 

Só levamos un trimestre pero xa fixemos moitas cousas: actividades no espazo fedelleiro, lecturas en voz alta, a chegada de novidaes, coñecer libros de distinto tipo sobre as Olimpiadas e o Deporte, conmemorar o Día da discapacidade... pois non está mal!


Antes de despedirnos queríamos ensinarvos o resultado da proposta de traballo do Día das Bibliotecas. Facedes memoria? Consistía en preparar un pequeno traballo de investigación sobre as MASCOTAS OLÍMPICASEstán expostos na entrada da nosa biblio, non marchedes sen consultalos. Pronto vos pasaremos un enlace dixital para que os poidades consultar.


Tamén queremos compartir os CONTOS GAÑADORES DE NADAL, elaborados polo alumnado de 5º e 6º de Primaria. Clickade na nosa canle de Ivoox para escoitalos:

Son 3:

O APALPADOR, de Andrea Varela de 5ºA.

UN AMIGO INESPERADO, de Sara Zurro de 6ºA.

UN DESESO BRILLANTE, de Alexia Jelihovski de 6ºC.



E como non podía ser doutra maneira, rematamos tamén este trimestre dando un GRAZAS ENORME ao alumnado voluntario que axuda cada día na biblioteca, sen vós non sería posible todo o traballo! Graciñas a todos e todas! 





Por último, como cada nadal, compartimos con vós unha chea de NOVIDADES LECTORAS que podedes pedir na vosas cartas a Papá Noel, o Apalpador e aos Reis Magos. Un conto ou libro sempre será un bo regalo!


Desfrutade destes días de descanso e das festas cos vosos seres queridos! En nada estamos de volta!

Apertas xigantescos =)



Ningún comentario:

Publicar un comentario