Boas de novo!
Neste comezo de trimestre, dende a biblio, repartimos unha boa partida de material creativo e xogos relacionados coa temática do noso PDI: A LITERATURA INFANTIL.
Puzzles, xogos de contos, cartas, dados de historias, marionetas, xogos de mesa... Sen perder de vista o carácter globalizado do proxecto, trátase de traballar a área da linguaxe e da creatividade a través de distinto material lúdico. Repartido para cada aula, poderase intercambiar co seu nivel ao longo do 3º trimestre e así disfrutar de distintas propostas.
O próximo curso ademais, este material pasará a formar parte dos fondos da nosa biblio e poderase levar en préstamo e disfrutaremos del tamén no Espazo Fedelleiro.
Aquí o podedes ver por cursos:
Aproveitamos tamén esta entrada para amosarvos os novos carteis de zonas que puxemos na biblio! Quedaron moi chulos... ou non?
Vémonos prontiño porque neste ABRIL, no mes do libro, traemos unha chea de sorpresas! Ademais, descubriremos o resultado do CONCURSO DE DESEÑO do logo da nosa radio "600 NAS ONDAS".
Ata pronto! =)
Ningún comentario:
Publicar un comentario