Ola ola!
O noso alumnado volveu a acompañarnos esta semana coas LECTURAS EN VOZ ALTA. Este mes foron adicadas a POESÍA e ao TEATRO , conmemorando os días respectivos 21 e 27 de marzo.
O alumnado de 3º ciclo puido disfrutar de poemas de distintos exemplares.
O alumnado de 6ºD leu un fragmento da obra "A pequena compaña", de Carlos Labraña (edicións Embora). Son Elsa, María, Daniela, Noa, Álvaro, Bruno, Dani e Gumer.
Gorka, de 5ºA, leu uns poemas deste novo exemplar da nosa biblio "Poemas chininos", poemas de Rafael Alberti illustrados por Mariana Ruiz Johnson, da editorial Miau. Tamén de 5ºA, Alexia e Alba leron uns fragmentos de "Paseniño, paseniño", poemas de Antonio García Teijeiro (editorial Xerais).
No 2º ciclo, leronse tamén varias propostas:
Por parte de Roque, Sergio, Emma, Julia, Noa, Alex, David, Naevia, Emma e Mateo, alumnado de 4ºB, puidemos escoitar distinto poemas de Leire Bilbao e a súa publicación "Bechopoemas", de Kalandraka.
Tamén leron un conto do coñecido "Cuentos en verso para niños perversos", o clásico de Roal Dahl.
Para os máis peques (Infantil e 1º e 2º) repetimos os contos en verso de Dahl, "el cuento de Caperucita" xunto con varios poemas de "Versos de cuento", de Carmen Gil e Gusti, da editorial SM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario