mércores, 9 de febreiro de 2022

Semana da Muller e a Nena na Ciencia

 OLA OLA!

Comezamos esta semana con "CIENCIA NO OTERO PEDRAYO", aproveitando a conmemoración da "Muller a nena na ciencia" o próximo 11 de febreiro.

Da man dos compis do equipo de Laboratorio e de Actividades complementarias, preparamos unha proposta diferente na nosa biblio. 


Dentro, contamos cunha exposición de libros que podedes levar en préstamo para coñecer máis sobre a ciencia en xeral e sobre as mulleres científicas. 

Ademais montamos 3 estacións: unha con circuitos eléctricos, outra de flotación e unha máis con actividades na nosa nova pantalla interactiva relacionada con mulleres españolas científicas. 


Ademais, no hall, contamos con outro espazo adicado a ÁNGELES ALVARIÑO, unha científica galega con moita relevancia. Non vos perdades o photocall "submarino" que preparamos! 


Podedes coñecer máis sobre ela pinchando aquí abaixo! Tedes  un vídeo informativo e tamén unha divertida ruleta con preguntas. 


E cando remate a semana veremos que nos contan as nenas e nenos desta experiencia e amosaremos o ben que o pasamos! !

Ata pronto! 





Ningún comentario:

Publicar un comentario