xoves, 10 de febreiro de 2022

É TEMPO DE ENTROIDO! Ramoniño continúa a súa viaxe...

 Boas de novo!

O noso Ramoniño continúa nesta viaxe por GALICIA MEIGA, e como non podía ser doutra maneira, a nova parada é OURENSE e os seus Entroidos.

Xa sabedes que en xeral, en toda Galicia, hai unha gran tradición polos disfraces e os traxes e que mellor maneira que viaxar coñecendo un chisco máis deles, comezando por Ourense: Peliqueiros, Pantallas, Boteiros, Cigarróns,... 

E outros non tan coñecidos pero igual de espectaculares como os Volantes de Chantada,  Felos de Maceda, Troteiro de Bande, os Xenerais do Ulla, os Merdeiros de Vigo, as pitas de Eiroas, as Madamas e Galáns de Cobres ou os Choqueiros da Coruña.

Aquí tendes un enlace con información moi interesante:

Na biblio contamos con algúns libros sobre o Entroido gealego que tamén podedes consultar.


Aquí vos deixamos dous interesantes enlaces máis que vos contarán tamén cousiñas do Entroido:



Recordade que dende o 14 ao 24 e febreiro podedes pasar pola biblioteca para participar no OBRADOIRO DE MÁSCARAS. 

Tamén temos o concurso "CREA O DISFRACE DO OTERO PEDRAYO", para participar creando a vosa propia personaxe do Entroido galego. Animádesvos?


Agardamos que disfrutedes destas propostas!
Vémonos prontiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario