Boas de novo!
Rematamos o trimestre coas lectoras e lectores que nos agasallaron con estas lecturas de NADAL nesta semana na biblioteca.
Nesta ocasión tivemos 3 grupos de lectores.
O alumnado de 1º CURSO leu de Gloria Fuertes, EL CAMELLO COJITO, de editorial Bruño. De 1ºA: Mauro e Oliver; de 1ºB Olivia e Ainara e de 1ºC, Hugo e Emma,
Mía, Daniela, Julia, Sofía, Xián e Álex de 3ºB, leron ¡FELIZ NARVIDAD!, novela gráfica, unha nova aventura de Narval e Medu, de Ben Clanton, editorial Juventud.
E, por último, o alumnado de 6ºC, Martina, Xabi, Rubén, Belén, Roi, Inés, Adrian e Lucía, nos leu O CASTIÑEIRO DO APALPADOR, obra teatral de Inacio, ilustrado por Nuría Díaz, de Baía Edicións.
Moitas grazas por vir a ler nenas e nenos, e tamén aos oíntes!
E non olvidedes pasarvos pola biblio nestas datas e levar algún libro interesante sobre o Nadal, o Apalpador ou Diversidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario