Ola de novo amigas e amigos!
Hoxe traémosvos unha proposta moi especial:
UN CALENDARIO DE ADVENTO DE CONTOS.
Durante o Nadal pasamos vimos moitas ideas similares por distintos blogs das bibliotecas escolares de Galicia e este curso queríamos facer o noso.
Nel podedes encontrar CONTOS e CORTOS moi interesantes relacionados co Nadal, que xa se achega, e tamén coa diversidade, pois o próximo día 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con discapacidade, e que mellor forma de visualizar esta diversidade que a través de breves historias.
Clicade na imaxe para acceder!
Agardamos que vos guste moito e teñades en cada día unha nova historia para compartir na aula, cos amigxs ou coa familia =)
Apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario