martes, 1 de xuño de 2021

Letras galegas 2021: Coñecendo a Xela coa robótica

 Ola de novo a todas e todos!

Aínda que xa pasaron uns días da data, hoxe queremos compartir con vós unha das actividades que fixo o noso alumnado con motivo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. 

Previamente xa mandaramos algunhas propostas en formato dixital (http://bibliopingas.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021.html) e tamén  as videolecturas do mes de maio: http://bibliopingas.blogspot.com/2021/05/ola-de-novo-nenas-e-nenos-hoxe-traemos.html

Como queríamos dar a coñecer tamén os "escornabots", xa que estamos montando o noso espazo fedelleiro para poñer en marcha o curso que vén, aproveitamos a vida e obra de Xela Arias e o día das Letras Galegas para traballalo dun xeito lúdico.

Dende a biblioteca mandamos unhas caixiñas con material para cada nivel:


Todas as propostas contaban con indicacións, taboleiros relacionados con Xela Arias axeitados ó nivel e tamén material manipulativo para crear circuitos. 

Na aula, cada grupo podía xogar e manipular o robot ó mesmo tempo que aprendía algo sobre Xela. 

Aquí podedes ver un breve resumo!

Vémonos pronto para traervos as últimas videolecturas do curso, os gañadores do Concurso de Contos enxaulados e tamén recomendacións lectoras para o verán!

Apertas! =)

1 comentario: