venres, 7 de maio de 2021

BIBLIOTECA: ESPAZO VIVO

OLA DE NOVO nenas, nenos, profes e familias!!!

Hoxe é un día moi especial, pois aínda que o pasado día 30 foi cando fixemos a nosa reapertura, hoxe queremos amosarvos o resultado. 

Xa o anunciamos fai uns días: por fin, despois de moito esperar, aquí a temos...

 o noso novo espazo de BIBLIOTECA!!

Todas e todos sabemos que este curso e o pasado non foron fáciles, pero dende que o pasado mes de maio fomos aceptados como centro no PLAMBE (Plan de mellora das bibliotecas escolares) as nosas cabeciñas comezaron a pensar e pensar mil e unha cousas para marabillar ao noso alumnado co proxecto que tiñamos en mente!

Foron moitos meses de traballo, de espera, de lidiar co Covid polo medio, de ter a biblio cerrada, tempo de mudanzas e de reformas (moooitas reformas); tamén foi un tempo de preocupacións, de dúbidas, de incertidumes pero, sobre todo, de ilusións, ilusión e alegría por mellorar o noso cole. 

E o resultado valiu a pena, e as caras das nosas nenas e dos nenos así o demostran. 

Aínda quedan melloras e cousiñas por facer, pero este novo espazo era imprescindible para levar a cabo todas as nosas ideas, un espazo que hoxe é unha realidade. 

Aquí podedes ver o antes e o despois e todo o proceso.

Queremos propoñer actividades e dinámicas que inviten ao noso alumnado a visitar a nosa biblioteca, un espazo para ler, compartir, contar e sorprenderse; un espazo para "fedellar", para experimentar e para investigar, un espazo para compartir alumnado, profesorado e familias; un espazo para vivir... unha biblioteca que "invite a soñar cos ollos abertos".

Dende o equipo de Biblitoeca (que adicamos horas e horas e máis horas), queremos agradecer a todos os nosos compis a axuda e colaboración, en especial, o apoio por parte do Equipo directivo, por camiñar con nós neste viaxe que só acaba de comezar.

Agradecer tamén a colaboración do Concello de A Laracha, a aportación da Consellería de Educación e o apoio da asesoría de Bibliotecas. Tod@s puxeron o seu gran para comezar este pequeno gran proxecto. 

GRACIÑAS A TODOS E TODAS!

Isto só acaba de comezar!

Non deixedes de visitarnos no noso blog e nas redes sociaisBiblioracha (A biblio de Ramoniño)

Unha aperta xigantesca!

Equipo de Biblioteca

Ningún comentario:

Publicar un comentario