Ola ola bibliopingueirxs!
Voltamos este curso de novo con moitas ganas e unha chea de cousas que contarvos.
Comecemos polo principio... a nosa biblio volve a abrir de novo este XOVES 2 DE OUTUBRO. Así que en nada podedes visitarnos e desfrutar das novidades lectoras.
Durante o curso pasado o noso cole converteuse no centro do Universo e viaxamos a través das estrelas para coñecer todos os planetas. Pois este curso imos seguir descubrindo...porque imos dar
"UNHA VOLTA AO MUNDO"
Este é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que imos desenvolver durante este curso 2025-2026. Viaxaremos por distintos continentes e acompañaremos a Ramoniño na súa visita a numerosos países: a cultura, o idioma, a súa arte e monumentos, a gastronomía, as costumes...
En nada, o DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 24 de outubro, teredes que pasar pola nosa biblioteca para recoller unha sorpresa e comezar xuntos esta viaxe sorprendente. Estades preparadxs?
Vémonos pronto!
Benvidxs a un novo curso viaxeiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario