Boas tardes blogueirxs!
Durante o mes de abril tivemos numerosas propostas na biblio (mes do libro, apadriñamentos, vacións incluídas...) e deixamos as LECTURAS EN VOZ ALTA en espera, pero neste mes recuperamos de novo esta proposta co alumnado voluntario.
Nesta ocasión os exemplares elexidos son 3 libros que se traballaron ao longo do curso dentro do PDI "Déixame que che conte...".
Para o 1º ciclo e Infantil, leuse o clásico en galego de OS TRES PORQUIÑOS, na versión de OQO editora, escrita por Raquel Méndez e Helga Bansch. Leu o alumnado de 1º curso: Leo, Lara, Navia, Tomás, Nuria, Thiago e Sergio.
No 2º ciclo, a clase de 4ºC, Simón, Paula, Valentín, Alba, Andrea, David, Marcela e Jacobo, leron O MAGO DE OZ, adaptación de Élodie Coudray e Anouk Filippini, a versión en galego de Baía Edicións.
Por último, o alumnado de 3º ciclo escoitou uns fragmentos de A NENA CO VESTIDO DE FLORES, de Manuel Fontemoura, da editorial. Os e as lectores son de 6ºB: Breixo, Pedro, Carla e Mateo.
Deica pronto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario