Ola ola! Aquí andamos de novo. Esta vez para amosarvos as propostas que se fixeron durante todo o mes de abril na biblioteca, pois celebramos por todo o alto o Día do Libro, no noso caso, mais ben...
O MES DO LIBRO
Comezábamos o mes cos APADRIÑAMENTOS LECTORES no patio. Despois desta época tan complicada co Covid, no que era moi complicado xuntarse, imos volvendo pouco a pouco á "normalidade" e recuperamos esta actividade que gusta a todo o alumnado. As nenas e nenos máis maiores léronlle aos máis pequenos moitos dos exemplares que temos na biblio.
Despois das vacacións, o venres 22, con motivo do propio día do Libro (23 de abril) volvemos compartir espazo todxs xunts, e fixemos un BINGO LITERARIO, cantado polo alumnado voluntario de 6º. Moi divertido si e con dous grupos gañadores (as aulas de 2ºA e 3ºC) aínda que se nos fixo un chisquiño longo! Repetiremos pero con máis brevidade.
E para rematar, Ramoniño invitounos a preparar unha CITA LITERARIA A CEGAS. As aulas participantes puideron desfrutar dunha lectura recomendada por outro grupo, sempre con moito agarimo e creatividade, pois os envoltorios eran ben bonitiños! E as mensaxes deixadas tamén.
Ademais, xunto cos coles do concello, o CEIP de Caión e o CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, fixemos un INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS co lema LARACHA LE! Foi moi chulo preparalos pero tamén recibir un agasallo doutros nenos e nenas que non estan tan lonxe de nós... Repetiremos tamén esta colaboración sen dúbida!
Vémonos pronto! Agardamos que disfrutarades moito con todas as propostas!
Apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario