domingo, 27 de marzo de 2022

Na RADIO: Mes da Muller

 Boas de novo biblipingueiros e biblipingueiras!

A nosa RADIO sigue funcionando e esta vez con motivo do DÍA DA MULLER, 8 de marzo

Como o día cadrou tan próximo ó Entroido tivemos que retrasar a nosa proposta pero aquí a temos. En relación co noso proxecto "GALICIA MEIGA", o alumnado de 6º realizou dúas entrevistas a dúas mulleres da nosa vila, pois queríamos poñer en valor o seu traballo. 

ANA fai traxes tradicionais galegos, (a súa tenda é "Na Ristra"). Os nosos reporteiros e reporteiras fixéronlle a entrevista vía telefónica xa que non podía acudir ó cole. Aquí podedes ver algúns dos seus preciosos traxes.


    LOLA é agricultora, traballa en invernadoiros no noso concello, plantando tomates, pementos ou leitugas. Ademais a súa neta está no noso cole. Aquí a vedes mans á obra!

Para saber máis escoita o noso programa na nosa canle de ivoox no seguinte enlace:

https://go.ivoox.com/rf/84442757

Aquí podedes ver ao alumnado, falando con Ana por teléfono e tamén en compañia de Lola: 

Agardamos que vos guste e descubrades estas dúas historias de mulleres da nosa contorna.

Gracias Lola e Ana por participar!
Unha aperta!

Ningún comentario:

Publicar un comentario