mércores, 24 de febreiro de 2021

LER POESÍA

 Ola nenas e nenos do Otero Pedrayo!

Neste mes de marzo queríamos compartir con vós de novo as nosas "LECTURAS EN VOZ ALTA", nesta ocasión centradas na POESÍA.

Estos son os exemplares que o alumnado leu:


Aproveitamos, nesta selección, para escoller uns poemas de Rosalía de Castro, xa que hoxe, 24 de febreiro conmemorase o aniversario do seu nacemento. Sabías isto? 

Deixámosvos aquí este enlace con información e xogo sobre a autora para que pasedes un anaquiño agradable.

ROSALÍA DE CASTRO en Genially

Tamén vos deixamos o enlace ó blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole (EDLG) que nos propón tamén outras actividades. Clicade na imaxe:

Con este motivo, o alumnado de 6ºB:  recitounos estes poemas do exemplar "Escolma poética", publicado por Kalandraka:


Para os máis peques, podedes ver estes poemas de Gloria Fuertes, recopilados en "Gloria Fuertes para niños", da editorial Susaeta, que le o alumnado de 2ºA: Daniela, Adriana, David, Marcela, Emma e Isaac. 


Para o alumnado a partir de 8 anos... 

"Bechopoemas e outras bestas" (Leire Bilbao, Kalandraka), interpretado polas nenas e nenos de 4ºD: Inés, Julia, Mateo e Aldara.


E, por último, Thiago, Aroa, Martina, Iker e Alba, alumnado de 3ºA tráennos "Nube con forma de Nube", de Cecilia Pisos, editorial Kalandraka. 


Ata a próxima!

Ningún comentario:

Publicar un comentario