mércores, 11 de marzo de 2020

A FESTA DE MARZO

Marzo é un mes de festa para a biblioteca. Temos tres conmemoracións importantes:

8 de marzo: Día Internacional da Muller


Que sabes de Cleopatra, Agatha Christie, Malala ou Elena Fortún? 

Se queres coñecelas algo máis neste expositor tes algúns libros sobre elas e sobre outras mulleres que deixaron a súa importante pegada no mundo.

21 de marzo: Día Mundial da Poesía

27 de marzo: Día Mundial do Teatro


Nestes andeis tes as obras teatrais e poéticas da nosa biblioteca. Acércate a coñecelas!



Se che gusta o teatro tes unha cita coa biblioteca o día 31 deste mes porque no recreo vanse facer lecturas de varias escenas de obras teatrais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario