mércores, 6 de marzo de 2019

O MES DE MARZO NA BIBLIOTECA

Neste mes de marzo temos varias conmemoracións:

  • o día 8, o Día Internacional da Muller
  • o día 21, o Día Mundial da Poesía
  • o día 27, o Día Mundial do Teatro

Para celebralas, na biblioteca temos organizadas varias actividades.

No expositor de novidades amósanse os libros sobre a muller: biografías de mulleres, narracións que destacan o papel da muller, obras escritas por mulleres...


Tamén destacaremos as obras de teatro e os libros de poesía que temos na nosa biblioteca, que estarán no seu corrrespondente andel . 
Aquí tes algunhas das novidades de poesía:



Ademáis haberá unha sesión de lectura na que algúns nenos lerán textos relacionados coas tres conmemoracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario