luns, 9 de abril de 2018

Os 75 anos do Principiño

   Cando eu tiña seis anos, unha vez vin un libro sobre a Selva Virxe, que se titulaba Historias vividas, unha magnífica estampa. Representaba unha serpe "boa" tragando unha fera.
   Dicíase no libro: "As serpes `boas´ tragan a súa presa enteiriña de todo, sen mastigala. Despois non se poden mover e dormen durante os seis meses que tardan en facer a dixestión"
   Matinei eu entón moito sobre as aventuras da xungla, e cun lapis de cores conseguín trazar o meu primeiro debuxo.

Así comeza O Principiño, a obra de Antoine de Saint-Exupéry, que este ano celebra o 75 aniversario da súa publicación.


Na biblioteca tes varios exemplares desta famosa historia. Anímate a lelo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario