O venres 11 de novembro, realizamos a primeira sesión de lectura do curso e tamén a primeira dende que inauguramos a ampliación da biblioteca. Para que non o sepades, as sesións de lecturas é unha actividade que se ven realizando dende hai moitos anos no centro, ten moito éxito de participación e de público. A sesión empeza coa presentación de voluntarios, estes teñen que ensair durante os recreos cunha mestra do equipo de biblioteca as lecturas que escolleron. As lecturas que escolleron para esta ocasión eran historias de medo.
Iria e Marta de 5º escolleron unha adaptación de Perrault do conto "Barbazul". Alesssia de 4º púxonos o día sobre os vampiros empregando o libro "Vampiro" de Alice Petigny. A sorpresa púxerona Yamín, Icía, Micaela, Dario e Eva que nos puxeron os pelos de punta, cunha historia de terror de creación propia: " O circo posuído". O rematar, cada un recibiu o seu marcapáxinas conmemorativo da sesión.
Se queredes ver de novo o que fixemos na sesión tedes aquí o vídeo da sesión, esperamos que os guste e que os animedes a seguir vindo. En decembro teremos unha Sesión de Contos de Nadal, así que xa sabedes, vinde a gozar das lecturas máis navideñas contadas polos vosos compañeiros e compañeiras.