venres, 7 de outubro de 2016

Abrimos de novo a Biblioteca

A Biblioteca volve a estar aberta. Os nenos e nenas poden disfrutar de novo dunha morena de libros de diferentes xéneros (aventuras, terror, detectivescos, etc.) Todo un mundo de historias están a agardar por vós.


 ç
Foto de Bibliopingas

As mestras e mestres que estamos de garda de Biblioteca, estamos a contar coa inestimable ayuda dos "Colaboradores", nenas e nenos dos cursos de 4º,5º e 6º, que se presentaron voluntarios para axudar nos recreos. O seu traballo é moi importante, xa que colocan os libros nas estanterías, resolven dudas dos máis pequenos e pequenas e manteñen a orde na sala.

Aínda que temos dispoñibles moitos dos libros da Biblioteca, quedan bastantes por rexistrar. Pódense levar para a casa os libros narrativos, de contos e historias. Os libros divulgativos, poesía, teatro, banda deseñada; están para ler na sala. Esperamos que antes de que finalice o curso os poidades levar.

Os primeiros días están sendo un éxito. Estamos a ter unha morea de prestamos que están a deixar as baldas baleiras. Coleccións como "O Diario de Greg", "Geronimo Stilton", os de "Harry Potter", novidades coma "Escarlatina, a cociñeira defunta" e libros de autores moi coñecidos como Roal Dahl, sairon voando para sus casas dos nenos e nenas de A Laracha.

O longo deste mes de outubro aínda esperamos máis visitas, xa que algúns libros están a ser devorados polas tardes. Esperamos veros ao longo do curso cos vosos carnés e gañas de vivir aventuras.

Foto de Bibliopingas

Ningún comentario:

Publicar un comentario