venres, 19 de decembro de 2025

BO NADAL!

Boas a todos e a todas

Estamos rematando o primeiro trimestre, no que puxemos a andar o noso proxecto sobre a volta ao mundo, pero no que tamén fixemos outras actividades relacionadas coas distintas conmemoraciós e festas que tiveron lugar nestres tres meses. Este último mes cnetramonos, como non, no Nadal. Fixemos lecturas en voz alta, das qeu faremos unha entrada no blog á volta das vacacións, e unha exposición de exemplares de dita temática.

EXPOSICIÓN DE EXEMPLARES



LECTURAS EN VOZ ALTA


E como non podía ser doutra maneira, rematamos tamén este trimestre dando un GRAZAS xigante ao alumnado voluntario que axuda cada día na biblioteca, sen vós non sería posible sacar adiante todo o traballo!




Por último, como cada nadal, compartimos con vós unha chea de novidades lectoras qeu podedes incluir nas vosas cartas a Papá Noel, o Apalpador ou aos Reis Magos. Un conto ou un libro sempre será un bo regalo!


Desfrutade moito das vacacións e regargade pilas para a volta

Unha aperta!

ACTIVIDADE TRIMESTRAL SOBRE O PDI: "XUNTOS IMOS DAR A VOLTA AO MUNDO"

 Ola ola!

Este trimestre, dentro do marco do noso PDI: "Xuntos imos dar A volta ao mundo", organizouse un percorrido na biblioteca con cinco actividades que as aulas podían realizar en calquera momento, co obxectivo de motivar ao alumnado a coñecer máis aspectos de diferentes países, así como de empregar os recusos da biblioteca como fonde de información. Eran cinco os retos a facer: adiviñar/averiguar a que país corresponden cada un dos gorros expostos, xogar ao telefono escangallado con súdos noutros idiomas, descubrir os países agochados nos quebracabezas, facer unha coreografía e adiviñar qeu países se esconde nas caixas sensoriais empregando só as nosas mans.








Moitas grazas a todos e a todas por participar! Estade atentos porque prepararemos novas actividades para os próximos trimestres.

Ata pronto! =)







xoves, 4 de decembro de 2025

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Boas nenos e nenas!

A principios de mes os nenos e nenas de infantil desfrutaron da visita de Paco Nogueiras, que chegou cunha maleta chea de contos e instrumentos. Non nos pode gustar máis!


Nesta ocasión contounos "Flores", "Unha eiruga moi larpeira", "Non é unha caixa, é unha cidade" e "A banda que ninguén coñece"







Ate pronto Paco!






LECTURAS E EXPOSICIÓN 25N

 Ola ola!

Para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violvencia de Xénero, que tivo lugar o pasado 25 de Novembro, os compañeiros e compañeiras de 2º, 3º e 5º leron diferentes libros relacionados coa temática.



Os nenos e nenas de 2º B, Dario, Clara, Alba, Joel e Brais, leron "Iriña bailarina", de Cristina Justo e Paloma Rodríguez, de Edicións Embora.


Para o segundo ciclo leron "Las chicas también... ¡pueden!" escrito por Sophie Gourion e ilustrado por Isabelle Maroger, da editorial Astronave. Os encargados e encargadas de ler foron Valentina, Lucia, Emily, Dani, Xiana, Alejandra, Izan e Paula, de 3ºA.


E os protagonistas das lecturas do 3º ciclo foron Emma, Carmen, Alejandro, Thomas e Noela, de 5ºA, co libro "As mulleres que cultivaban néboas" de Bea Gregores, da editorial Xerais.


Tamén tivemos dispoñible durante esa semana unha exposición de contos sobre igualdade de xénero.



Vémonos pronto!!!




mércores, 3 de decembro de 2025

PRIMEIRAS LECTURAS EN VOZ ALTA.

 Boas bibliopingueirxs!!

Comezamos as lecturas en voz alta na biblio. Nesta ocasión estreamos con lecturas relacionadas co PDI de este ano "XUNTOS IMOS DAR A VOLTA AO MUNDO".



Hugo, Martín, Naia, Anxo e Inés, de 6ºA leron "A volta ao mundo en 80 días", de Julio Verne, da editorial Xerais, para o terceiro ciclo. 




Para o segundo ciclo leron os nenos e nenas de 4º A: Ares, Leire, Sofía, Leo, Lara, Ariana e Enzo. Tocoulles ler outra versión do título anterior, "A volta ao mundo en 80 días", nesta ocasión, da editorial Almadraba.




E os nenos e nenas de 2ºA leron "Aprende a ler con Julio Verne. La vuelta al mundo en 80 días" da editorial Molino. Os protagonistas destas lecturas son Antonio, Sabela, Julia, Erea e Helena.



Vemonos pronto =)




luns, 27 de outubro de 2025

PDI: Unha volta oa mundo e Novidades

 Boas de novo queridxs lectores e lectoras!

Como vos anunciamos coa apertura da biblioteca, este curso o PDI de centro céntrase en coñecer a cultura e características de distintos países do Mundo. Cada nivel escolleu un país para traballar máis en profundidade, se ben tentaremos de dar a volta en 80 días como Willy Fog. 



O pasado venres 24, o DÍA DAS BIBLIOTECAS, presentamos a proposta de traballo a través dunhas maletas con distinto material: fondos divulgativos, exemplar narrativa situado no país, receita, xogo, música, unha flor, distintos fondos relacionados... E xunto con este material, por suposto, a proposta de traballo anual. 


Agora si xa estamos preparados e preparadas para comezar esta viaxe e descubrir mundo. Acompañádesnos?

Para complementar as maletas, o equipo de biblioteca buscou fondos que permiten traballar as distintas competencias e afondar nas habilidades de lectura: atlas, guías culturais, material artístico, narrativa, cómic... 


Aproveitamos tamén esta publicación  para ensinarvos as NOVIDADES coas que contamos na biblioteca neste mes de outubro. Temos unha morea de libros novos que podedes xa levar en préstamo. 

Deixamos por aquí unhas fotos para que busquedes por idades.

Agardamos que vos gusten:

INFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO

Un saúdo!

Vémonos pronto

luns, 29 de setembro de 2025

De volta... polo mundo!

 Ola ola bibliopingueirxs!

Voltamos este curso de novo con moitas ganas e unha chea de cousas que contarvos.

Comecemos polo principio... a nosa biblio volve a abrir de novo este XOVES 2 DE OUTUBRO. Así que en nada podedes visitarnos e desfrutar das novidades lectoras. 

Durante o curso pasado o noso cole converteuse no centro do Universo e viaxamos a través das estrelas para coñecer todos os planetas. Pois este curso imos seguir descubrindo...porque imos dar

"UNHA VOLTA AO MUNDO"

Este é o Proxecto Documental Integrado (PDI) que imos desenvolver durante este curso 2025-2026. Viaxaremos por distintos continentes e acompañaremos a Ramoniño na súa visita a numerosos países: a cultura, o idioma, a súa arte e monumentos, a gastronomía, as costumes...

En nada, o DÍA DAS BIBLIOTECAS, o 24 de outubro, teredes que pasar pola nosa biblioteca para recoller unha sorpresa e comezar xuntos esta viaxe sorprendente. Estades preparadxs?


Vémonos pronto!

Benvidxs a un novo curso viaxeiro!

luns, 23 de xuño de 2025

BO VERÁN!

 Boas amiguiñas e amiguiños!

Acabou o curso, pero antes de despedirnos queremos compartir con vos algunhas cousiñas. 

En primeiro lugar, agradecer aos colaboradores e colaboradoras do terceiro trimestre a súa axuda, grazas a elas e eles a nosa biblio segue a funcionar nos recreos de xeito moi eficaz.

Compartimos tamén con vos as nosas recomendacions lectoras para este verán, cheas de novidades que estamos seguras de que vos encantarán. Toca na imaxe para consultar.

Por último, deixamosvos por aquí, un dos traballos, o do alumnado de 3ºC, como parte da proposta creativa que se propuxo ás aulas sobre o teatro. Esperamos que vos guste! (Toca na imaxe para velo)



E sen máis, desexamosvos que pasedes un bo verán e que recarguedes enerxía para voltar con máis forza o próximo curso!

Unha aperta de todo o equipo de B
ibliolaracha!



luns, 9 de xuño de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiñxs!

No mes de maio aproveitamos o bo tempo para facer lecturas compartidas no exterior. Os nenos e nenas máis maiores escolleron un conto para levarlles aos máis pequenxs e poder desfrutar así dun ratiño de lectura. Aquí vos deixamos algunhas fotiños.

 







Vemonos pronto! =) 

martes, 27 de maio de 2025

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Boas compañeiros e compañeiras


 A principios de Maio os nenos e nenas de infantil desfrutaron da visita de Paco Nogueiras, que veu cunha chea de contos a facernos rir e cantar. Contounos Cinco ratiños, Polo mar salgado, ViolínBim bam bum.




Ate pronto Paco Nogueiras!!


 

 







luns, 26 de maio de 2025

DÍA DO LIBRO

 O día 23 de abril celebramos o Día do Libro por todo o alto. Dende a biblioteca propuxemos un día temático no que, tanto os nenos e nenas, coma os profes, podían vir caracterizados dunha personaxe de conto. Nesta xornada fixemos un percorrido por diferentes estacións de xogo relacionadas cos distintos xéneros literarios que dirixiron os colaboradores de quinto de primaria.

 

Estación 1: "adiviñacontos" con mímica

Estación 2: quiz sobre contos e libros
 

 Estación 3: creamos historias con Story Cubs
 
 
 Estación 4: entrevista sobre os nosos libros favoritos
 
 
Estación 5: creamos poemas
  
 
Estación 6: debuxamos o noso conto favorito
 
  
 
 Estación 7: creamos viñetas 

Ao final do percorrido sacamos unha foto con Ramoniño e recollimos un agasallo para recordar este día.

Proximamente estará dispoñible na nosa biblio unha recopilación dalgún do material que se creou nesta xornada, estade moi atentos!!

 

Aproveitamos tamén para dar as grazas ós colaboradores do segundo trimestre!!



Ate pronto =)