luns, 9 de xuño de 2025

LECTURAS COMPARTIDAS

Ola amiguiñxs!

No mes de maio aproveitamos o bo tempo para facer lecturas compartidas no exterior. Os nenos e nenas máis maiores escolleron un conto para levarlles aos máis pequenxs e poder desfrutar así dun ratiño de lectura. Aquí vos deixamos algunhas fotiños.

 







Vemonos pronto! =) 

martes, 27 de maio de 2025

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Boas compañeiros e compañeiras


 A principios de Maio os nenos e nenas de infantil desfrutaron da visita de Paco Nogueiras, que veu cunha chea de contos a facernos rir e cantar. Contounos Cinco ratiños, Polo mar salgado, ViolínBim bam bum.




Ate pronto Paco Nogueiras!!


 

 







luns, 26 de maio de 2025

DÍA DO LIBRO

 O día 23 de abril celebramos o Día do Libro por todo o alto. Dende a biblioteca propuxemos un día temático no que, tanto os nenos e nenas, coma os profes, podían vir caracterizados dunha personaxe de conto. Nesta xornada fixemos un percorrido por diferentes estacións de xogo relacionadas cos distintos xéneros literarios que dirixiron os colaboradores de quinto de primaria.

 

Estación 1: "adiviñacontos" con mímica

Estación 2: quiz sobre contos e libros
 

 Estación 3: creamos historias con Story Cubs
 
 
 Estación 4: entrevista sobre os nosos libros favoritos
 
 
Estación 5: creamos poemas
  
 
Estación 6: debuxamos o noso conto favorito
 
  
 
 Estación 7: creamos viñetas 

Ao final do percorrido sacamos unha foto con Ramoniño e recollimos un agasallo para recordar este día.

Proximamente estará dispoñible na nosa biblio unha recopilación dalgún do material que se creou nesta xornada, estade moi atentos!!

 

Aproveitamos tamén para dar as grazas ós colaboradores do segundo trimestre!!



Ate pronto =)

 

mércores, 2 de abril de 2025

BIBLIOLARACHA, A ESCENA!

 Boas compañeiros e compañeiras,


Este ano o lema das bibliotecas escolares é "Biblioteca escolar, a escena!", có obxectivo de "ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO" (Bibliotecas escolares). É por isto que dende a biblioteca propuxeronse difernetes actividades relacionadas có mesmo.


O alumnado de infantil puido desfrutar dunha obra de teatro con marionetas sobre o universo, a temática do PDI deste ano, da man dalgunhas das profes do equipo de biblioteca.


Aproveitamos marzo, mes no que se celebra o Día do teatro (27 de marzo), para facer obradoiros de teatro para o alumnado de primaria da man de Galeatro, unha compañía de teatro da nosa zona, e Rebeca Vecino, actriz e profesora de teatro.








Ademais, para motivar o achegamento a este xénero literario proporcionamos exemplares de obras de teatro escritas ás aulas o lles propuxemos unha actividade consistente en elaborar un producto final relacionado có teatro, que se exporá no cole para o desfrute de todos e todas. Con que nos sorprenderán esta vez? 


Vemonos amiguiñxs!

martes, 25 de marzo de 2025

8M

 Ola a todos e a todas.

No mes de marzo tivemos lecturas en voz alta na biblio para conmemorar o 8M, o Día Internacional da Muller.



Clara, Enma, Einar, Sofía, Lois e Tiago, de 1º, leron "(Non) a todas asnenas lles gusta o rosa" de David Pintor, da editorial Xerais.

Hugo S., Álex, Hugo B., Valeria e Yaiza, nenos e nenas de 4ºC, leron "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 1" de Elena Favilli e Francesca Cavallo.


E Paula, Rubén, Martín, Noa, Simón e Diego, e 6ºB, leron a segunda parte do anterio, "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 1" tamén de Elena Favilli Francesca Cavallo.


Dende o espazo fedelleiro da biblio tamén puxemos en marcha os obradoiros temáticos. Comezamos cun taller de lapis acuarelables, no que pintaron debuxos relacionados co 8M. Aquí podedes ver o precisos que quedaron.



Ate pronto amiguiñxs! =)


DIA DE ROSALIA

 Ola ola!

Para conmemorar o Día de Rosalía, que tivo lugar o pasado 23 de febreiro, Marcela, Nicolás, David, Gabi, Dani, Izán, Alex e Paula, colaboradores de 600 nas ondas, a radio da nosa biblio, fixeron un podcast. Neste, homenaxean a Rosalía falando un pouquiño da súa vida e cunha recopilación de cantigas e poemas de tradición oral que recolleron preguntando a familiares e veciños do noso pobo.



Esperamos que o desfrutedes

Vemonos pronto

DÍA MUNDIAL DA RADIO

 Boas a todos e a todas.

O pasado 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e dende a nosa, 600 nas ondas, gravamos un podcast sobre o PDI do centro da man de dous alumnos de quinto de primaria, Bruno e Diego. Nun audio de seis minutos explicannos datos moi interesantes sobre o espazo e fenónmenos astronómicos. 



Para escoitar:  https://www.ivoox.com/dia-mundial-da-radio-2025-fenomenos-astronomicos-audios-mp3_rf_139564470_1.html

Que vos parece? Nos pensamos que fixeron una traballo incríbel. Noraboa!!


sábado, 15 de febreiro de 2025

DIA DA PAZ E EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS DO UNIVERSO.

 Bas a todos e a todas!!

Pechamos Xaneiro coas lecturas en voz alta do Día da Paz.


Os nenos e nenas de 1º, Breogán, Lucas, Antonella, Ana Belén, María y Ainara leron "La babosa enamorada" de Rachel Bright da editorial Bruño.


Joel, Camilo, Kevin, Kamila, Martín, Yaiza, Michael, Bareera, Mengnan e Iria, de 3ºB, leron "Os migrantes" de Marcelo Simonetti de Kalandraka


E os nenos e nenas de 5ºC, Enma, Martín, Anxo, Nico, Hugo, Naia, Aitor e Lucas, leron "A lagoa das nenas mudas" de Fina Casalderrey.

Tamén tivemos dispoñible unha exposición cos exemplares relacionados coa temática da Paz da nosa biblio.



Aproveitamos tamén a volta das vacacións para expoñer os traballos sobre o Universo que fixeron as aulas a partires de libros da biblioteca. Aquí tedes o preciosos que quedaron todos.





Vemonos pronto =)